Noticias

A XI Mostra de Habaneras celebrarase o día 30 de xuño. (04-06-2007)
Dentro do programa das festas patronais do San Xoán, terá lugar unha nova edición da Mostra.

O día 30 de xuño, ás 20:30 horas, no auditorio do Pazo da Cultura, levarase a cabo a XI edición da Mostra de Habaneras, coa participación da coral Polifónica Municipal de Riveira (A Coruña), o Coro Villa de Navia (Asturias) e a Coral Polifónica de Bergantiños.
O acto está organizado pola Coral de Bergantiños, coa colaboración do Concello de Carballo.
Cada unha das formacións participantes interpretará cinco habaneras da súa libre elección.
Ao longo dos anos, consecutivos, nos que leva desenvolvendo a Mostra, pasaron por Carballo corais de distintos puntos da xeografía galega, asturiana, catalana, ... que "mostraron" habaneras variadisimas e diferentes modos de interpretalas. Así mesmo, aínda que a maior parte das corais son mixtas, actuaron corais somente femininas e nesta anualidade farao (o Coro Villa de Navia) unha exclusivamente masculina.

# Enlace permanente a esta nova