Noticias

Exitoso debut do Coro de Voces Brancas da coral de Bergantiños (01-04-2007)
Dentro de Encontro de Música Litúrxico levouse a cabo a presentación pública do Coro de Voces Brancas

Xusto antes de dar comezo a intervención da Coral de Bergantiños, fixo a súa presentación en público o Coro de Voces Brancas, formado recentemente no seo da Coral.
Interpretaron dúas pezas que fixeron as delicias dos presentes.
O numerosisimo público asistente valorou moi positivamente, e aplaudiu con entusiasmo, o bo facer duns rapaces de entre 8 e 14 anos, que dende o mes de xaneiro ata aquí foron capaces de poñer a punto, con tanta perfección, un canon litúrxico e un espiritual.

# Enlace permanente a esta nova
Foto La voz de Galicia >>