Actividades na honra de Santa Cecilia (11-11-2013) O día 22 de novembro oficiarase unha misa cantada e o día 23 un concerto na honra da patrona da música. Como cada ano, desde hai máis de corenta, a Coral de Bergantiños organiza actividades na honra de Santa Cecilia.
Asi o 22 de novembro, ás 20:00 horas, na igrexa parroquial de San Xoán Bautista, oficiarase una misa cantada e o día 23, no auditorio do Pazo da Cultura, terá lugar o concerto tradicional.
Este concerto está incluído no programa de actividades organizadas polo mes da música e conta coa colaboración do concello de Carballo.
Na edición do 2013 participarán no concerto as Corais:
Coral Airiños da Capela
Coral Municipal Atalaia de Laxe
Coro de Voces Brancas da Coral de Bergantiños
Coral de Bergantiños.
A actividade terá lugar ás 21:00 horas e a entrada é gratuíta.
|