Noticias

XVII edición da Mostra de Habaneras (10-06-2013)
A actividade celebrarase, en Carballo, o día 29 de xuño.

Dentro do programa de festas do San Xoán terá lugar unha nova edición, a número 17, da Mostra de Habaneras.
O concerto celebrarase o día 29 de xuño, ás 21:00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura.
Participarán:
- Coral Polifónica Eixil de Cedeira
- Coral Polifónica Santa María de Cambre
- Coro de Voces Brancas da Coral de Bergantiños
- Coral Polifónica de Bergantiños.
O evento está organizado pola Coral de Bergantiños coa colaboración da Comisión de Festas do S. Xoán e do Concello de Carballo.

# Enlace permanente a esta nova