Noticias

PROGRAMA DE ACTUACIÓNS NOVEMBRO-DECEMBRO (15-11-2011)

Durante os meses de novembro e decembro a Coral e o Coro Infantil realizarán unha serie de actuacións que darán fin ao exercicio de 2011. Son as seguintes:

NOVEMBRO:

- Día 19: Festival de Corais de Carballo, no Pazo da Cultura.
- Día 22: Festividade de Santa Cecilia, Misa na Igrexa Parroquial.
- Día 26: Concerto de Santa Cecilia, no Pazo da Cultura.

DECEMBRO:

- Día 10: Certame de Panxoliñas (Coro Infantil), en Cedeira.
- Día 17: Misa de Vodas Ouro-Prata, na Capela da Milagrosa.
- Día 22: Pregón de Nadal e Panxoliñas, na Igrexa Parroquial.


* Ademais, durante este mes, a Coral ofrecerá concertos en Malpica, Ordes e Valdoviño.

Despois destas actuacións tomaremos un descanso ata o día 10 de xaneiro de 2012, para entón comezar un novo curso.

# Enlace permanente a esta nova