Noticias

VINDEIRAS ACTUACIÓNS (14-06-2010)

O mércores 16 de xuño, a Coral participará na celebración da eucaristía na Capela de San Adrián da Piña, a misa será ás 13h.

O 24, 25 e 26 de xuño, misas solemnes das Festas de San Xoán de Carballo, ás 12.30h.

3 de xullo en Cances, Festas de San Pedro, misa ás 13h.

3 de xullo, no Pazo da Cultura de Carballo, ás 21h, XIV Mostra de Habaneras, participarán como corais invitadas Agrupación Coral Endesa As Pontes, Coro San Marcos de León e a anfitriona Coral de Bergantiños. Colaboran Concello de Carballo e Agrupación Cultural San Xoán.

4 de xullo en Ardaña, Festa do Santísimo Sacramento, misa ás 13h.

10 de xullo, a Coral viaxará ás Pontes para participar con outras corais no Concerto de Verán.

Despois deste concerto a Coral Polifónica de Bergantiños collerá unhas merecidas vacacións ata o 31 de Agosto pero antes participaremos na gravación dun Lip-Dub polas rúas de Carballo.

# Enlace permanente a esta nova