Noticias

O día 27 de xuño celebrarase a XIII Mostra de Habaneras. (29-05-2009)
Participarán a rondalla Sonidos del Alba de Ferrol, o Orfeão de Barrô de Águeda (Portugal) e a Coral de Bergantiños.


O día 27 de xuño, ás 21:00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura, celebrarase a 13ª edición da Mostra de Habaneras dentro do programa de festas do San Xoán.
Esta anualidade as tres formacións musicais que participan "mostrarán" formas moi distintas de interpretar e sentir a habanera.
A primeira delas, a rondalla Sonidos del Alba -na foto-, ofrecerá habaneras cun abundante acompañamento musical, tan extendida en toda a zona de Ferrol (moi asociada á festa das Pepitas).
A segunda entidade musical chega de Águeda, zona geograficamente situada entre Coimbra e Aveiro, posúe un brillante curriculum, e mostraranos o modo de interpretar a habanera no país veciño.
En canto á Coral de Bergantiños, organizadora da Mostra de Habaneras en colaboración co Concello de Carballo, poñerá sobre do escenario o seu mellor saber estreando inclúso algunha peza que incorpora a seu repertorio

# Enlace permanente a esta nova