Noticias

Concerto de Música Litúrxica na Igrexa de San Xoán Bautista (18-03-2009)
O recital celebrarase o día 4 de abril ás 20:30 horas


O 9º Encontro de Música Litúrxica celebrarase o día 4 de abril, na Igrexa de San Xoán Bautista, ás 20:30 horas.
Nel participarán as corais Lembranzas de Santa Cruz, o Coro de Voces Brancas da Coral de Bergantiños e a Coral de Bergantiños.
Cada unha das corais que participan interpretará 4/5 pezas e tanto o Coro de Voces Brancas como a Coral de Bergantiños estrearán pezas musicais nese concerto.
A entrada é libre e gratuíta.

# Enlace permanente a esta nova