A Coral de Begantiños actuou no Santuario do Rocío en Almonte (Huelva). (27-09-2008) A actuación tivo lugar na misa dominical do día 21 de setembro. Cun sentimento de emoción colectiva, a Coral de Bergantiños animou a misa dominical do día 21 de setembro no Santuario do Rocío en Almonte (Huelva).
Durante a litúrxia practicamente todas as pezas musicais foron en galego. Sen embargo como canto de entrada a coral entonou a Salve Rociera que incluíu no seu repertorio para a ocasión.
Tras a actuación os caralistas aproveitaron o desprazamento para levar a cabo unha viaxe cultural por Andalucía visitando Sevilla, Córdoba e Granada.
|