Noticias

O día 28 de xuño celebrarase a XII Mostra de Habaneras (17-06-2008)
No auditorio do Pazo da Cultura dúas corais de grande renome acompañarán á coral de Bergantiños.

Ás 21:00 horas do día 28 de xuño terá lugar unha nova Mostra de Habaneras en Carballo dentro da programación de actos das festas patronais do San Xoán.
Nesta edición número XII "mostrarán" o seu modo de interpretar habaneras as corais Novos Aires de Nigrán (Pontevedra) e Flores del Sil de Ponferrada (León) que acompañarán á Coral de Bergantiños, organizadora do acto.
A entrada será gratuíta.

# Enlace permanente a esta nova