Noticias

A coral de Bergantiños defenderá unha das obras finalistas. (22-05-2008)
A coral de Bergantiños participará na gala final do I certame de composición coral Alexandre Bóveda

A gala final do I certame de composición coral en galego Alexandre Bóveda terá lugar o día 31 de maio no Teatro Colón da Coruña.
Os compositores cuxas partituras resultaron finalistas elixiron entre as corais galegas que consideraron apropiadas para defender ás súas composicións, sendo a coral de Bergantiños a seleccionada por D. Nico Matteo Nicora para interpretar a súa obra "soños de namorar".

# Enlace permanente a esta nova
Axenda >>