Noticias

Un novo curso comeza tamén para a Coral (18-09-2006)
Tras as numerosas actuacións da primavera e do verán comeza un ciclo de intensos ensaios para preparar as estreas do outono e do Nadal

Como se de estudantes se tratase, tras atender aos compromisos de actuacións en primavera e verán (e unhas brevísimas vacacións) con ilusión renovada acométese a preparación de novas pezas para incluír no repertorio, que se estrearán durante o "Mes da música" (novembro) e durante as festas do Nadal.

Esta é unha das etapas do ano de máis esforzo no aspecto da aprendizaxe, pero tamén das máis satisfactorias porque o repertorio incrementa con pezas novas, variadas e habitualmente o esforzo compartido significa satisfacción colectiva.

# Enlace permanente a esta nova