Noticias

CURSO 2016/17 (18-10-2016)

Para este curso 2016/17 a Coral de Bergantiños, ademais da sección de CANTO coa formación Senior e Voces Brancas, creará unha escola de MÚSICA INSTRUMENTAL e LINGUAXE MUSICAL, para recibir técnicas básicas de piano, acordeón, violino, gaita, vento metal, percusión tradicional, solfeo, linguaxe, harmonía, dedicada especialmente a nenos/as, aínda que non está limitada a outras idades.

· Clases colectivas: mínimo de 4 persoas.
· Días de ensaio: a concretar coa organización.
· Lugar: Centro Social (local de ensaio da Coral)

Contacto:
· Email: info@coraldebergantinos.com
· Tfnos.: 618 343 946 / 606 173 871 / 609 380 445

# Enlace permanente a esta nova
 



XIV Encontro de Música Relixiosa (11-04-2014)

O día 12 de abril de 2014, celebraremos o "XIV Encontro de Música Relixiosa" ás 20.30h na Igrexa Parroquial San Xoán Bautista de Carballo.

Participan neste encontro o Coro de la Sociedade Cultural "A Traíña" de Cariño, o Coro Infantil "Voces Brancas" da Coral Polifónica de Bergantiños e tamén a propia "Coral Polifónica de Bergantiños" que interpretarán diversas composicións de tema relixioso.

Dito encontro é organizado pola Coral Polifónica de Bergantiños, que conta coa colaboración da Igrexa Parroquial San Xoán Bautista de Carballo e da Excelentísima Deputación da Coruña.

Descargar programa >>

# Enlace permanente a esta nova
Descargar programa >>
 



A Coral de Bergantiños deséxalles un bo Nadal. (20-12-2013)
A todos os nosos seguidores, amigos e benefactores desexámoslle un bo Nadal e un venturoso 2014.


Para cantos nos axudan a alcanzar os nosos obxetivos co seu alento, colaboración ou aplausos desexamos un Nadal de Paz e Amor e un 2014 de ventura e harmonía.

# Enlace permanente a esta nova
 



Actividades na honra de Santa Cecilia (11-11-2013)
O día 22 de novembro oficiarase unha misa cantada e o día 23 un concerto na honra da patrona da música.

Como cada ano, desde hai máis de corenta, a Coral de Bergantiños organiza actividades na honra de Santa Cecilia.

Asi o 22 de novembro, ás 20:00 horas, na igrexa parroquial de San Xoán Bautista, oficiarase una misa cantada e o día 23, no auditorio do Pazo da Cultura, terá lugar o concerto tradicional.

Este concerto está incluído no programa de actividades organizadas polo mes da música e conta coa colaboración do concello de Carballo.

Na edición do 2013 participarán no concerto as Corais:
Coral Airiños da Capela
Coral Municipal Atalaia de Laxe
Coro de Voces Brancas da Coral de Bergantiños
Coral de Bergantiños.

A actividade terá lugar ás 21:00 horas e a entrada é gratuíta.

# Enlace permanente a esta nova
 



Dous coralistas reciben a Insignia Marcial del Adalid (19-10-2013)
Nun acto solemne celebrado na Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario recibiron a distinción.


Dous membros da Coral Polifónica de Bergantiños foron distinguidos coa Insignia de Prata Marcial del Adalid como premio á constancia musical.
Mª Dolores Rodríguez Fraga e José Fraga Suárez recibiron de mans do eminente musicólogo D. José López Calo o diploma e a medalla que recoñece os máis de 15 anos de dedicación e pertenza a esta Coral carballesa na que actualmente 22 dos seus compoñentes en activo foron distinguidos.
Como remate do solemne acto de entrega a Coral Santa María de Cambre (cuxa directora tamén foi galardoada) e a Coral de Bergantiños interpretaron unha peza en conxunto.

# Enlace permanente a esta nova
 



Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024